Fran Fernández Davila

O escritor nigranés Fran Fernández Davila, autor de «A senda de Sal», premio Novela por entregas da La Voz de Galicia, «Alana«, premio Avilés de Taramancos, «Mover os marcos«, premio Victoriano Taibo, e «O bosque do duque ‘Herstogenbosch«, catalogado como o Harry Potter das letras galegas, ten as súas costas máis de trinta certames literarios gañados.

Este último galardón reforza a súa traxectoria iniciada hai tan só seis anos. O xurado definiu o poemario «Konpostela» como “un texto de fondo carácter unitario e ben estruturado que ofrece unha visión de Compostela na que o autor sabe incluír un eu esgazado”.

Calquera das súas obras denotan un exquisito coidado da linguaxe e orixinalidade. Enxeñeiro de profesión, Fran Fernández é membro do Instituto de Estudos Miñoráns no apartado de Cultura na Promoción Urbana do Galego.