ALFREDO // Playa América

O Concello de Nigrán incoporará do 15 de xuño ao 15 de setembro a catro técnicos de Turismo dos que tres deles desenvolverán o seu traballo nas oficinas de turismo do municipio e outro no propio consistorio.

A contratación supón un custe de 18.000 € dos que a Xunta aporta 4.512 € para a financiación dun deles e o resto é a cargo do Concello.

Os catro contan coa titulación válida para realizar este traballo e foron seleccionadas mediante concurso-oposición, cobrando o regulado polo seu convenio. «Estes postos son unha peza fundamental para Nigrán durante a tempada de verán, xa que o número de visitantes se multiplica e é imprescindible contar con xente formada que atenda as súas necesidades e que saiba desenvolver accións de dinamización», explica o alcalde electo, Juan González.