O Concello de Nigrán rematará a vindeira semana as obras de humanización da rúa do Cean (parroquia de Nigrán) dentro da política de mellorar a seguridade viaria e peonil dos espazos ruráis que vertebran o seu territorio.

As obras, cun orzamento de 132.000€ ao cargo do Plan Concellos 2018, inclúen a construción de beiravías accesibles, habilitar aparcamentos en liña, reparar o firme, mellorar a instalación de pluviais, renovar o saneamento ou nova luminaria LED (actualmente só está pendente o asfaltado e cambio do alumeado).

Con este obxectivo, elimínanse as canaletas de formigón existentes para ter drenaxe soterrado, o que permite ampliar a estrada e pavimentar (neste sentido cabe destacar o retranqueo dun gran terreo privado cedido ao Concello, por iso é posible executar unha beiravía de 1,8 m. de ancho e unha zona de aparcamento en liña de 2,2 metros). Contémplase tamén a execución dun paso de peóns sobreelevado á altura do parque infantil para a máxima seguridade dos peóns.

O terreo cedido pecharase cun muro de bloques de formigón de contención e malla, manténdose os carballos existentes neste espazo. Asimesmo, fronte ao Cemiterio Municipal e co fin de preservar e por en valor esta contorna, a pavimentación realizouse en adoquín en granito con 6 alcorques onde se plantarán cipreses de 4 metros de altura. O Cruceiro tamén será posto en valor cun axardinamento do pé do mesmo.

Estas obras conlevan o retranqueo de 9 postes telefónicos e de alumeado público (a sustituír por LED) que se canalizarán baixo a beiravía, ademais asfaltarase a estrada e procederase ao conseguinte pintado da sinalización horizontal.