O alcalde de Nigrán, Juan González, e as concelleiras de turismo e educación, reuníronse coas entidades veciñáis para por en marcha a Cabalgata de Reis 2020, que correrá a cargo do director de teatro, Diego Valeiras, co que se mantivo a primeira reunión no concello.

«Buscamos unha cabalgata diferente, na que participe todo Nigrán e que se convierta nunha viaxe chea de seres máxicos, de soños e de ilusión para tod@s os nen@s de Nigrán. Para iso pomos en marcha a cabalgata 2020 con máis antelación que nunca e buscamos que entidades culturais, veciñáis, deportivas e centros educativos se unan para cumplir os desexos dos máis cativos«, declara Juan González, Alcalde de Nigrán.

Espazo Valeiras

Espazo Valeiras empresa de eventos escénicos preséntamos unha viaxe, a viaxe da Estrela de Oriente que cada 5 de xaneiro sae do fondo do mar para guiar aos Magos de Oriente a tódalas casas e así cumplir cos desexos dos máis cativos e tamén dos maiores porque aínda temos agochado ese neno no noso maxín.

Abrindo esta comitiva, a Estrela de Oriente no su carro de nubes vai guiando coas bengalas ao séquito de dormilóns que pouco a pouco van entrando en sono, vestidos cos seus pixamas e a súa almofada favorita desfilarán como seguindo a Hamelim cara o mundo dos soños, acompañados polas súas durmideiras.

Unha vez durmidos, os seres máxicos do fondo mariño emerxen das augas do mar de inúndan a mente dos nenos, Hipocampos de luz, baleas brancas voadoras, peixes alados mezclados con seres mitolóxicos, logo os músicos anuncian o Séquito Real de Melchor, que entre redes prateadas e antorchas acompañan a carroza do rei Melchor.

De seguido un grupo de músicos e malabares coralinos anuncia o Séquito do Rei Gaspar que mantendo as redes prateadas de auga mariña e alumeados por antorchas anuncian a chegada da carroza do Rei Gaspar.

Por último outro grupo de animación xunto co Séquito do Rei Baltasar e tamén alumeando con antorchas anuncia a chegada da carroza real do Rei Baltasar. Todo cheo de música e cancións máxicas do Nadal.