O Concello de Nigrán rematou esta semana as obras de humanización da rúa do Ceán dentro da política de mellorar a seguridade viaria e peonil dos espazos ruráis que vertebran o seu territorio.

As obras, cun orzamento de 132.000 € ao cargo do Plan Concellos 2018, inclúen a construción de beiravías accesibles, habilitar aparcamentos en liña (dous deles para persoas con mobilidade reducida), reparar o firme, mellorar a instalación de pluviais, renovar o saneamento ou nova luminaria LED.

Con este obxectivo, elimínanse as canaletas de formigón existentes para ter drenaxe soterrado, o que permite ampliar a estrada e pavimentar (neste sentido cabe destacar o retranqueo dun gran terreo privado cedido ao Concello, por iso é posible executar unha beiravía de 1,8 m. de ancho e unha zona de aparcamento en liña de 2,2 metros). Contémplase tamén a execución dun paso de peóns sobreelevado para a máxima seguridade dos peóns á altura do parque infantil (tamén renovado recentemente cunha pista multideportes).

Soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade nun tramo moi frecuentado por unir o Cemiterio Municipal, a Biblioteca, o Parque infantil, a Igrexa de San Fiz e as instalacións do clube Bolos do Ceán. Era algo moi demandado polos veciños”, sinala o alcalde, Juan González.

O terreo cedido pechouse cun muro de bloques de formigón de contención e malla, manténdose os carballos existentes neste espazo. Asimesmo, fronte ao Cemiterio Municipal e co fin de preservar e por en valor esta contorna, a pavimentación realizouse en adoquín en granito con 6 alcorques onde se plantaron cipreses. O Cruceiro tamén foi posto en valor cun axardinamento do pé do mesmo.

Toda a obra de construción de beiravías accesibles, humanización e asfaltado, complétase co empedrado fronte ao Cemiterio Municipal e coa realización dun xardín con céspede e bordillo de granito ao rededor do Cruceiro do Ceán, fronte á actual Biblioteca Municipal, o que engade calidade a unha contorna de tanto valor Patrimonial”, resume o rexedor.