Nigrán solicita a la Xunta la cesión de la titularidad de la calle Otero Pedrayo
ALFREDO

O Concello de Nigrán solicitou oficialmente no mes de xuño, nunha das primeiras xestións como novo goberno, unha reunión coa Axencia Galega de Infraestruturas que permita desbloquear a situación da rúa Otero Pedrayo, en estado calamitoso e de titularidade autonómica. No escrito enviado o 19 de xuño dende a Alcaldía e todavía sen resposta algunha pídese manter un encontro para que «estudiemos a fórmula que permita urbanizar Otero Pedrayo».

O Concello leva solicitado dende 2016 a sinatura dun convenio de colaboración coa Xunta (mesmo mediante unha moción plenaria aprobada por unanimidade en xullo) sen obter resposta, este silencio mantense incluso despois de que o Concello remitise á Conselleria de Infraestruturas en xullo de 2017 un anteproxecto que cifraba a actuación en 634.000 € (documento que o alcalde de Nigrán se comprometera a enviar tras manter unha reunión coa conselleira).

Novamente, o Concello incide en que ao ser unha estrada de «natureza urbana é susceptible de cesión a titularidade municipal, a cal debería realizarse coa rúa en perfecto estado de conservación das beiravías, pavimento e canalizacións que non sexan de titularidade municipal«.

Esta estrada autonómica que une as parroquias de Nigrán e Panxón acumula decenas de denuncias dos veciños debido a lesións e accidentes ao ter as beirarrúas peor conservadas de todo o municipio. Ademáis, resulta imprescindible a reparación do seu firme, o pintado do mesmo e a instalación de medidas correctoras de velocidade para evitar accidentes, así como o arranxo na rede de saneamento e pluviais. «É algo urxente e prioritario para Nigrán», insiste González.