A técnica do Concello, Andrea González

O Concello de Nigrán vén de deseñar, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, a unidade didáctica ‘Coñece o Samaín’ destinada ao alumnado de primaria do municipio.

O traballo realizado pola técnica Andrea González foi enviado esta aos colexios co obxectivo de promover a festividade do Samaín entre os máis pequenos e que coñezan e recuperen esta tradición, ademais de pasar un bo rato xogando na aula.

Entre os demais obxectivos desta campaña de dinamización lingüística están, tamén, recoñecer a orixe céltica e europea da festa, coñecer o folclore asociado con ela e dominar o vocabulario propio do Samaín.

A unidade didáctica contén unha parte teórica de información sobre o Samaín, exercicios, bibliografía e mesmo unha actividade plástica para crear un móbil decorativo.