Concello de Nigrán // Mochilas vibratorias

O Concello de Nigrán realizou este mes 56 préstamos das súas cinco mochilas vibratorias adquiridas para o uso das persoas xordas e co obxectivo de promover unha cultura accesible no municipio.

Esta tecnoloxía única en Galicia foi estreada por 17 personas no festival ChandeFolk de Chandebrito o pasado día 10, a continuación a experimentaron outras 15 no concerto de Rozalén o día 13 en Pontevedra e, finalmente, 20 este sábado no Rock in Patos. Todos os solicitantes puideron empregalas ao distribuír o tempo de uso ata un mínimo de 20 minutos por concerto. O seguinte evento será o día 14 tras pedilas o Concello de Poio para o concerto do artista arxentino Coti.

«A demanda incluso superou as nosas previsións, xa que se achegaron persoas xordas de tódolos puntos de Galicia e mesmo veraneantes para poder probalas no ChandeFolk e no Rock in Patos; foi un dos momentos máis emocionantes como rexedor poder ver a estas persoas bailar e vibrar ao son da música. No caso do concerto en Pontevedra de Rozalén fixemos un préstamo a este concello despois de que unha persoa xorda nolo pedira e, a raíz disto, máis entidades nos solicitaron poder probalas nos seus festivais, como agora o de Poio para a festa da ameixa en Campelo con Coti«, explica o alcalde, Juan González, quen se amosa encantado de cedelas puntualmente «pero sempre baixo un protocolo que garanta o seu uso e mantemento correcto«. «Antes de mercalas moitos concellos queren probalas, así que encantados de promover dende Nigrán que invistan nesta tecnoloxía inclusiva que, de seguro, acabará de ser de emprego habitual nos festivais«, recoñece.

As diferentes vibracións que transmiten esta tecnoloxía de orixe francés e creación recente son transformadas grazas aos audios que reciben dende un equipo de son que conta cun transmisor UHF. Ademais, as persoas xordas que teñen próteses auditivas (implante coclear e/o audífono) non só sentirán as vibracións, se non que tamén poderán escoitar con maior nitidez os sons ou a música a través dun lazo inductivo. As mochilas poden ir cargadas á espalda ou no peito e permiten que o usuario se poida desplazar libremente polo recinto ao ser completamente inalámbricas.