ALFREDO

O Concello de Nigrán, a través da súa publicación no BOP, fai efectiva a rebaixa dun mínimo do 50% pola expedición de documentos administrativos aprobada no pleno do 28 de febreiro. O goberno considera que a taxa reguladora aprobada no 2015 resulta abusiva, tal e como consecuentemente viñan denunciando os cidadáns.

Esto significa, entre outras cousas, que o certificado de padrón de unidade familiar pase de costar 6 € a 3 € e os distintos tipos baixen tamén á metade (a expedición do voante mantense de balde). Ademais, o goberno inclúe as fotocopias de documentos, cuxo precio será reducido drásticamente dos 0,50€ por copia en B/N a 0,10, e de 1´50 a 0,50€ en caso de cor.

A modificación da ordenanza inclúe a eliminación da taxa para compulsas e copias auténticas, que pasarían a ser gratuítas fronte 1,50 €/unidad que costan actualmente.

«Recibimos moitas queixas dos veciños porque son taxas desorbitadas, máxime se se compara con outros municipios próximos, polo que é de xustiza rebaixalas«, considera o alcalde, quen indice en que «son cuestións básicas que nunca deben ter afán recadatorio«.