Este luns, realizouse unha reunión entre a Comunidade de Montes do Rosal, o equipo técnico redactor do proxecto encabezado pola arquitecta María Fandiño, a alcaldesa e os concelleiros responsables de área, co obxectivo de analizar o proxecto “A explanada do Horizonte”, gañador dos premios Galicia Parabéns 2019.

O vindeiro venres, ás 20.30 horas, convócase á veciñanza na escola unitaria de San Xián para expoñer e recoller propostas acerca do proxecto. Deste xeito farase partícipe a todos os veciños.