O Concello de Tomiño organiza un novidoso obradoiro de creación de textís electrónicos-robótica, os días 4 e 5 de setembro. Nesta actividade, especialmente dirixida á poboación moza do concello, as persoas asistentes deseñarán e montarán unha camiseta electrónica ou outra peza textil con leds e sensores.

Previamente, o alumnado recibirá unha aproximación ao concepto de robótica (sensores e actuadores) e aprenderá a construir e programar robots, co fin de promover a súa creatividade e pensamento computacional. Actividade está dirixida a mozos de entre 12 e 18 anos. Aulas días 4 e 5 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas. Aula Cemit (Campo da Feira s/n). Custe inscrición: 15 euros. Aínda quedan prazas libres.

A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, salienta a idea de ofrecer dende o Concello actividades que respondan aos intereses da poboación nova, rompendo as veces, coas propostas máis tradicionais, co fin de dar a coñecer materias novidosas que poidan servir, tanto coma hobby, ou coma punto de partida dunha posible saída laboral.