O Concello de Tomiño organiza un novo curso de manipulador de alimentos. Este curso, de 3 horas de duración, impartirase o vindeiro martes 1 de outubro na Escola Obradoiro de Goián a partir das 17.00 horas.
As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño ata o xoves 26 de setembro. Prazas limitadas.Terá un custo de 20 euros.