O festival Nigranjazz, contará na súa XII edición, o 27 e 28 de xullo no esteiro da Foz (A Ramallosa), coa actuación estelar do guitarrista holandés Jesse Van Ruller en trío e do valenciano Voro García en quinteto, considerado como un dos mellores trompetistas a nivel internacional.
A programación, presentada hoxe oficialmente, une novamente a figuras de recoñecido prestixio mundial cos músicos galegos máis relevantes do momento, como Xacobe Martínez Antelo e Dani Font, que cos seus respectivos tríos serán os encargados de abrir o festival o 27 e 28 respectivamente.
Ademais, e como é xa a súa seña de identidade, celebrarase a tradicional master- class (nesta ocasión a cargo de Peter Bernstein o 27 e Jesse Van Ruller o 28) e haberá jams sessions posteriores aos concertos que abrirán Emilio Atantes e Diego Alonso con casanseu cuarteto. Como hai xa dous anos, o evento gastronómico “Rilla na rúa” acompañará ao festival coas súas camionetas con comida gourmet aparcadas no paseo da Foz e patrocinando a actuación de rúa do grupo das Rías Baixas ‘Low Bay Hot Band’ na sesión swing da tarde do sábado. O Nigranjazz conta co apoio da Deputación de Pontevedra, a Sociedade de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España ( AIE), a Fundación Mayeusis, Elemental Chefs e Rodosa.
O cartel do XXII Nigranjazz, deseñado polo nigranés Andrés H. Bonader, gañador do ano pasado tamén, será o empregado para difundir esta edición tras resultar gañador entre as 45 propostas presentadas ao concurso Quin Alborés. O xurado destacou que se trata da imaxe cun maior nivel artístico entre tódalas propostas presentadas e a que mellor reflicte a personalidade do evento. Destaca a harmonía e elegancia de toda a composición, a aparente sinxeleza da mesma e a sensación de limpeza visual que outorga todo o seu conxunto.
Programa
Venres 27 de Xullo
- 12:30: No auditorio do Concello, Masterclass con Peter Bernstein.
- 21:00: No auditorio ao aire libre da Foz do Miñor, Xacobe Martínez Antelo Trío.
- 22:30: No auditorio ao aire libre da Foz do Miñor, Voro García Quintet.
- 24:00: No auditorio ao aire libre da Foz do Miñor, Jam Session con Emilio Atanes Cuarteto.
Sábado 28 de Xullo
- 12:30: No Auditorio do Concello, Masterclass con Jesse Van Ruller.
- 19:30: No Paseo da Foz do Miñor, Swing Session con The Low Bay Hot Band.
- 21:00: No auditorio ao aire libre da Foz do Miñor, Dani Font Trío.
- 22:30: No auditorio ao aire libre da Foz do Miñor, Jesse Van Ruller Trío.
- 24:00: No auditorio ao aire libre da Foz do Miñor, Jam Session con Diego Alonso Cuarteto.