Esta mañá, o alumnado de 1º de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier visitou as instalacións do concello do Rosal e foron acompañados pola alcaldesa no percorrido.

Visitaron todos os departamentos e profesionais que ante as preguntas dos nenos e nenas  lles explicaron as súas tarefas.

Para rematar a visita, asistiron ó salón de plenos onde o alumnado realizou unha rolda de preguntas á alcaldesa e recibiron como agasallo unhas chapas e lambetadas.