CEDIDA (archivo)

A concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro, propón para dar comezo o mes de xullo rutas de sendeirismo para coñecer Gondomar.

As rutas son as seguintes:

  • O 3 de xullo levarase a cabo a “Ruta das Ánimas”, visitando a Ponte das Ánimas, antigo muíño e coñecendo o entorno da ribeira.
  • O 4 de xullo, “Ruta do Río Miñor” en dirección a Mañufe, os asistentes coñecerán a paisaxe da ribeira e o seu entorno.
  • O 5 de xullo, tocaralle o quenda ao “Tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte”, variante do camiño portugués que ven de Vilanova de Cerveira. Este tramo chega ao Concello de Gondomar a través da parroquia de Couso. Na capela dos Remedios, pasarase polo Pazo do Conde de Gondomar.

O Obradoiro de Emprego Valiemprego III será o encargado de guiar estas rutas para dar a coñecer o patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico da vila Condal. Esta actividade pode realizarse en familia, a partir dos 7 anos.

As rutas darán comezo as 10:00 da mañá. O punto de encontro e recollida será no parque da Coelleira. A recollida dos menores que veñan sen un adulto, a partir das 12.00h. Para participar nestas actividades hai que inscribirse presencialmente na OMIX do Concello de Gondomar ou chamar ao 986.369.746, ata completar aforo en cada unha de elas.