Yaggo, que tras presentarse ó concurso de DJs organizado pola emisora productora do evento, Radio Nova Era, resultaba gañador o ano pasado e accedía a pinchar na EDP Beach Party cos mellores DJs do planeta Martin Garrix, Hardwell, Carnage, etc, volve este sábado para presentar o se novo trabalho xunto coa mellor dupla portuguesa de DJs, Club Banditz, que visitarán España por primeira vez na Makrofesta, Tomiño, o 28 de xullo tras percorrer numerosos festivais e salas nos EEUU, na India e Portugal.

Os días 29 e 30 de xuño son os elexidos para levar a cabo a undécima edición deste gran evento, “A Maior Beach Party de Europa” onde, ano tras ano, os mellores artistas electrónicos do momento danse cita no país veciño e na que cada vez, hai máis presencia galega, xa que tambén vai abrir o primeiro día de festival o coruñés Kike Varela.

Con tan só 22 anos, Yaggo é un dos artistas con máis potencial do panorama electrónico. “Dende hai uns meses as cousas estan salindo e facéndose ben, tanto pola miña parte coma por parte de todo o meu equipo e iso siempre da lugar a cousas mellores. Cousas como as que teño preparadas para o longo de este ano, festivas locais, datas no extranxeiro, tour polo mediterráneo, etc”, indicou o baionés.