ALFREDO // El Mecalia Atlético Guardés en un partido en el pabellón de A Sangriña (Archivo)

A Deputación de Pontevedra vén de entregar ao Atlético Guardés a acta da resolución da subvención que recibe a entidade da Guarda como club deportivo de élite. Así, esta temporada, o equipo de balonmán que milita na Liga Guerreras Iberdrola recibe 38.000 euros, 3.000 máis que a pasada temporada.

O Atlético Guardés, campión de liga en 2017, é un habitual nas últimas temporadas nas competicións europeas. Nesta temporada que vén de rematar o Atlético Guardés rematou en terceira posición, clasificándose para a próxima edición da Challenge Cup.