O Bloque Nacionalista Galego convoca un coloquio no Val Miñor para explicar o seu modelo alternativo de transporte público.

A fronte nacionalista celebrará este venres unha charla na antiga estación do tranvía da Ramallosa ás 19.30h coa participación do candidato e portavoz de Mobilidade do BNG, Paulo Ríos ‘Kai’, xunto coa portavoz municipal e voceira da Asemblea de Transporte Digno de Gondomar, Manuela R. Pumar, e o integrante da Plataforma de Transporte do Val Miñor, Iago Aballe.

Intervirán:

  • Paulo Ríos ‘Kai’, candidato do BNG e actual portavoz de Mobilidade
  • Manuela R. Pumar, portavoz municipal e da Asemblea de Transporte Digno de Gondomar
  • Iago Aballe, integrante da Plataforma de Transporte do Val Miñor