Piscina Municipal de A Guarda (archivo)

A piscina municipal conta cunhas instalacións «moi anticuadas que provocan un  elevado consumo enerxético. De non solucionar estes problemas, en moi pouco tempo, esta infraestrutura non vai ser viábel. As limitacións impostas polos protocolos da COVID-19 evidenciaron se cabe con maior claridade estas deficiencias», sinala Anxo Baz, do BNG.

O voceiro nacionalista manifestou que “é necesaria unha intervención urxente que debe basearse en dous eixes, compre facer un estudo que diagnostique con precisión as eivas da piscina e, atendendo as súas recomendacións, levar adiante un proxecto de reforma en  termos de eficiencia enerxética e optimización dos servizos. Ademais, urxe redactar un novo proceso de licitación dado que a actual empresa adxudicataria xa expresou a súa intención de renunciar a prórroga do contrato”.

Anxo Baz concluíu dicindo que “dende O BNG tendémoslle  a man ao Goberno Municipal para traballar nunha solución que garanta a continuidade  da piscina municipal”.