Comunicado do BNG de Oia:

Queremos informar á veciñanza que iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para facer cumprir a nosa moción aprobada por unanimidade onde esíxelle á Xunta (SERGAS) “o restabelecemento do servizo de pediatría no centro de saúde de Oia.”

A política do PP de Feijóo coa sanidade pública como xa está máis que acreditado, é de recortes e desmantelamento en beneficio da privada (fai que funcione mal unha cousa para desprestixiala e favorecer a que te interesa). Como consecuencia diso, quitáronlle a pediatra aos país e nais de Oia. Xa ao comezo da lexislatura antes da pandemia presentamos nos concellos unha moción “para a mellora da sanidade pública” onde o PP votou en contra.

En canto a nota que o PSOE de Oia quitou acusando ao BNG (de Oia tamén) de incongruente informamos do seguinte:

O BNG traballa para as galegas e galegos, non é unha sucursal de Madrid de ningún partido como para ter que apoiar decisións que prexudiquen á cidadanía da Galiza (presupostos xerais do estado). Unha cousa é apoiar a investidura do goberno de coalición onde hai uns acordos negociados co BNG, como rebaixas e eliminación de peaxes ou transferencia da AP9, e outra cousa moi distinta é votar a favor duns presupostos que para o BNG son peores cos anteriores para o noso país. ¿Pode o partido socialista dicirlle á veciñanza de Oia onde está escrito que votar a favor dunha investidura implica obrigatoriamente votar a favor dos orzamentos xerais do estado?. Non poden porque cada cousa ten a súa propia negociación.

A partida para as peaxes galegas xa está recoñecida implicitamente no acordo de investidura independentemente que o BNG non votara a favor dos presupostos; a non ser que o PSOE quixera incumprir os acordos adquiridos para a investidura de Pedro Sánchez.

A moción sobre a AP9 aprobada en Oia con dous votos (un do BNG e o outro polo tenente alcalde de Oia PP) e 9 abstencións debería facer reflexionar ao PSOE da capacidade que ten o BNG de Oia de sacar adiante mocións con un concelleiro, sexan por dous votos un día ou por unanimidade outro. Lembrámoslle ao PSOE que foi convidado por nós a participar no traballo que presentamos do “plan de transporte para Oia” porque cremos no ben do conxunto dos veciños/as de Oia; adquirimos un compromiso coa veciñanza, estamos presentando propostas que redunden no beneficio das veciñas e veciños de Oia, e froito deste traballo son as distintas iniciativas aprobadas no pleno do concello; iniciativas serias e reais como o “restablecemento do servizo de pediatría” no que levamos traballando e liderando dende a súa eliminación, primeiro cunha moción no concello, colocación de faixa diante do centro de saúde e difusión nas redes, e agora cunha campaña de recollida de sinaturas.

Incongruencia é declararse republicano levantando o puño e logo proclamar e renderlle pleitesía a un Rei.