contenedores
ALFREDO

O BNG de Oia solicitou no pleno celebrado o pasado 30 de xullo, que se reforce o servizo de recollida do lixo coa contratación de máis persoal, con máis contedores de reciclaxe, máis limpeza integral dos puntos de recollida, adaptándoos á contorna e á paisaxe, máis días de recollida e charlas informativas polas parroquias.

Segundo o BNG, esta solicitude vén dada «polas continuas queixas dos veciños polo deficitario funcionamento do servizo, con escaseza de contedores, limpeza dos mesmo e a súa contorna e pouca frecuencia de recollida”.

Esta situación, aseguran os nacionalistas, empeora na época estival co aumento de poboación e actividades debido sobre todo ás segundas vivendas. Hai moita xente concienciada na reciclaxe que chega co seu cartón e plástico ao contedor e atópase coa sorpresa de que están cheos e con máis residuos ciscados por fóra, obrigando a estes veciños a ir de volta coa mercadoría para os seus fogares”.