Ánxela Fernández
Ánxela Fernández

O BNG do Rosal presentará este xoves a candidatura coa que concorrerá ás próximas eleccións locais de maio. Será nun acto público, ás 20:30 horas, nos Baixos do Concello. A candidata estará respaldada pola actual rexedora do veciño concello de Tomiño, Sandra González.

A candidata nacionalista, Ánxela Fernández, asegurou que presentará a un equipo de persoas que forman unha candidatura renovada, con moita xente moza, chea de ilusión, preparada e capacitada para liderar o futuro goberno municipal.

Dende a formación nacionalista manifestan que, “este acto será un punto e seguido ao traballo que levan desenvolvendo dende fai tempo, con reunións coa veciñanza, asociacións, comunidades e axentes sociais co fin de escoitar as súas preocupacións e propostas, para presentar un proxecto baseado nas necesidades reais das persoas”.