8M Ramallosa
ALFREDO

O BNG de Baiona, como cada ano, participará de xeito activo na mobilización de hoxe na Ramallosa.

O Bloque Nacionalista Galego ten un compromiso indiscutible co feminismo e así o demostra co traballo político tanto no goberno como na oposición e co traballo social dentro e fóra das institucións.

«Neste 8 de marzo somos moitas as organizacións que reivindicamos máis unha vez a conmemoración do día internacional das mulleres traballadoras, un día para non esquecer a loita diaria fronte a precariedade laboral e a loita de clases que aínda no ano 2024, segue existindo».