Segundo o BNG «a extraordinaria maioría absoluta acadada polo Partido Socialista nas pasadas eleccións municipais empeza a plasmarse dende o primeiro momento no concello de Nigrán».

«Tal caudal de apoio«, dicen os nacionalistas, «serve para que o goberno municipal pase das 3 persoas que no mandato anterior tiñan dedicación exclusiva con cargo ao presuposto local a 7, ás que hai que engadir á concelleira de facenda que percibirá a súa retribución da Deputación Provincial».

En total 8 dos concelleiros socialistas terán dedicación exclusiva ou parcial para exercer a súa labor, «o que unido ao importante incremento tamén rexistrado nos emolumentos do persoal de confianza, supón duplicar o gasto destinado ao goberno municipal«, afirman.

«Por outra banda«, indican, «a desaparición do BNG da Corporación xa ten tamén unha primeira consecuencia, o cambio no número de membros das Comisións Informativas, que pasan de ser de un representante por grupo con voto ponderado, tal e como nós impulsaramos, a ter 5 membros do PSOE e un do PP, que verán así mesmo como se incrementa 25 euros a dieta por asistir ás mesmas ata alcanzar os 150 euros, volvendo ás comisións de tempos pasados nas que un fala e cobran 5″.

Pola contra as dietas por asistencia aos plenos non sofren variación, manténdose nos 250 euros por sesión.

«Finalmente sinalar a incoherencia no cambio de hora das sesións plenarias, pois despois de ter criticado abertamente no 2011 a Alberto Valverde por facelas en horario matutino argumentando que impedía que os veciños puideran acudir aos plenos, agora, quizais ao calor da nova maioría absoluta, a Juan González xa non lle parece unha prioridade facilitar a asistencia e pasan a ser ás doce da mañá«, sinalan dende o BNG.