Bea Lomba

A portavoz municipal do BNG Bea Lomba diante das declaracións do concelleiro electo, Celso Fariñas, de negociar un pacto de goberno co BNG, manifesta que o seu grupo nin se sentou a falar, nin ten pensado facelo co único representante de Espazo Común.

Bea Lomba engadiu que ‘dabondo son coñecidos os seus apaños co PP para o seu beneficio persoal, mesmo aquel, perdido no tempo, de rachar un goberno en 1999 co Psoe e BNG para entregarllo ao Partido Popular. Mais aínda estamos sufrindo na Guarda a súa actuación conxunta con outros individuos da dereita local, secuestrando o funcionamento democrático da Comunidade de Montes Veciñais da Guarda, impedindo as altas de novas comuneiras e comuneiros, sen dar contas e ocultando a xestión ao non realizar as asembleas de comuneiros e comuneiras, como sinalan os estatutos da Comunidade, desde fai tres anos’.

«Entendemos pois que non é a persoa idónea para darlle leccións a ninguén nin para pedirlle nada o BNG. Si alguén debe abandonar a política local para rexenerala que empece por el mesmo», rematan.