Duarte Correa

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) organiza no Val de Miñor unha charla-coloquio enmarcada na súa campaña “Na Galiza: Paz, Soberanía, Dereitos”, que está a desenvolver por todo o país.

O acto terá lugar mañá, mércores 22 de abril, ás 20.00 horas, no concello de Gondomar, concretamente no local situado no número 9 da rúa Manuel Alonso, fronte á Casa da Cultura.

A iniciativa abordará a necesidade dun compromiso firme coa paz, o antiimperialismo e a defensa da soberanía dos pobos nun contexto internacional marcado por unha crecente escalada belicista e militarista.

Para afondar na análise da situación global e nas súas repercusións na realidade galega, o encontro contará coa participación de Duarte Correa, analista internacional e autor do libro O imperialismo no século XXI.

Desde o BNG convidan á veciñanza do Val de Miñor a asistir e participar neste coloquio aberto.