19 de Meirás
BNG

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción en apoio ás 19 persoas que están denunciadas pola Fundación Francisco Franco, por un acto pacífico no que se denunciaba o espolio realizado polo xenocida ao pobo galego.

O pasado 30 de agosto de 2017 un grupo de persoas, galegas e galegos demócratas, militantes nacionalistas, sindicalistas, activistas sociais, culturais, da memoria… realizaron unha acción pacífica e simbólica, consistente en despregar dúas faixas no pazo de Meirás, co obxectivo de reclamar a intervención dos poderes públicos para recuperar un patrimonio que debe ser do pobo galego.

É delirante que unha acción totalmente pacífica, de 2 horas, nas que as persoas abandonaron o edificio sen ningún altercado, atopa cunha denuncia dos fascistas pedindo até 4 anos de cárcere; mentres seguen a realizar apoloxía do fascismo e da ditadura, idolatrando a un xenocida. Esperamos o apoio de toda a corporación”, comentou Xan Lois Lomba concelleiro do BNG.

Para o BNG resulta preocupante que unha fundación -que non podería existir legalmente en ningún outro Estado europeo- e a familia do ditador que se aproveita e beneficia do botín de guerra, realicen acusacións tan graves e infundadas.

O BNG consegue o apoio do Parlamento Europeo

Ana Miranda, eurodeputada do BNG, defendeu unha proposta impulsada polo BNG na que se pide a ilegalización da Fundación Franco.Tamén resultaron aprobadas as emendas de casos europeos entre as que figuran a denuncia contra os 19 de Meirás e a retirada de simboloxía franquista.