ALFREDO

O portavoz municipal do BNG  anuncia que “dada a preocupación existente  na  sociedade guardesa pola incidencia da COVID-19 na localidade e nos Concellos limítrofes, exporá na Xunta de Portavoces, que o Concello demande á Consellaría de Sanidade da Xunta a realización dun cribado masivo que permita identificar a positivos asintomáticos para reducir a propagación do virus”.

O portavoz nacionalista indica que outros Concellos próximos xa van nese camiño e considera que a situación epidemiolóxica xustifica claramente que se realice este cribado o antes posíbel.

Anxo Baz tamén manifestou “é fundamental anticiparse aos problemas para tratar de minimizar os seus efectos” para acabar incidindo unha vez máis en que “o reforzo da sanidade pública é unha disciplina pendente da Xunta de Galicia. Compre reforzar o persoal sanitario. Non debemos esquecer que nos enfrontamos a unha pandemia despois de doce anos de recortes na sanidade pública”.