Anúlase a proxección prevista para mañá xoves, 14 de xaneiro ás 20:30 horas no Auditorio de Goián.

O empeoramento da incidencia nos concellos do Baixo Miño e as novas medidas restrictivas, cun adiantamento do toque de queda e peches perimetrais por concellos, recomenda adiar as proxeccións programadas ata que a situación sanitaria mellore.

O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, da Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia dentro do marco do xacobeo 2021.