O CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón contra o cambio climático
CEDIDA

O pasado venres, o CPI plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón sumouse aos numerosos actos que se están a celebrar en todo o mundo promovidos polo movemento Fridays for Future contra o cambio climático.

Este movemento foi iniciado por unha estudante sueca  Greta Thunberg cando se sentaba ante o Parlamento sueco en folga polo cambio climático, debido á incapacidade dos gobernos para afrontalo.

O centro tamén fixo un parón, ás 12.00 horas, para reclamar medidas urxentes contra un problema que van padecer as futuras xeracións.