ALFREDO

O Goberno de Nigrán ten paralizada a tramitación do PXOM, xa que non envía o documento do mesmo a Augas de Galicia, Portos de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas e ao Servizo Provincial de Costas, para que sexa informado“, así o indica o voceiro de Nigrán Decide, José Cuevas.

Cómpre destacar“, apunta, “que durante a rolda de visitas ás parroquias para presentar o documento de aprobación inicial do PXOM, realizada a finais de setembro de 2018, o Goberno informou que á  Dirección Xeral de Patrimonio dispoñía dun prazo máximo de 3 meses para contestar e se pasado ese tempo non contestaba, a resolución é favorable, tal como di a Lei do Solo. Finalmente o documento do PXOM foi enviado o 17 de outubro de 2018 á  Dirección Xeral de Patrimonio, polo que o prazo para informar finalizou o 17 de xaneiro de 2019. Como a Dirección Xeral de Patrimonio non contestou a resolución é favorable, polo que o Goberno, tal como anunciara nas reunións informativas, tiña que enviar o documento do PXOM a Augas de Galicia, Portos de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas e ao Servizo Provincial de Costas, para que fose informado“.

Sen embargo, dice, “contestando a preguntas formuladas no pleno do mes de febreiro polo grupo de Nigrán Decide, o Goberno di que non enviou a documentación, polo que a tramitación do PXOM está actualmente paralizada“.

“O Goberno non pode alegar que non o envía por seguridade xurídica, tal como afirmou no último pleno, pois a seguridade xurídica está marcada na Lei e esta di claramente que, se non se contesta en prazo, o informe de Patrimonio é favorable. Esta parálise só pode responder ao medo do Goberno a que antes das eleccións municipais o PXOM tivese algún informe desfavorable dalgún destes organismos ou que, na realidade, a documentación que lle foi mostrada á veciñanza, non sexa a que finalmente se envíe a estes organismos, finaliza Cuevas.