Xamaraina
Xamaraina

A Asociación Cultural Interfolc organiza, desde o ano 1994, o «Festival Folclórico Internacional de Vigo», no que se dá cabida a diferentes culturas e ofrécese unha oferta cultural que ata a data non existía en Vigo.

A experiencia acumulada ao longo destes 25 anos facilita a organización dun festival inédito: Folclore no Camiño. Unha experiencia que pon en valor o patrimonio inmaterial das poboacións polas que transcorre o Camiño de Santiago portugués pola costa.

A Asociación Cultural Interfolc de Vigo está formada pola Asociación Folclórica Corisco, a Agrupación Lembranzas Galegas e a Banda de Gaitas Xarabal.

Programa: