O pasado fin de semana celebrouse en Vilagarcía de Arousa os campionatos provincias de xadrez onde o Laroqueiro Artai Bringas proclamouse campión provincial na categoría sub 18, cun pleno de vitorias. Tamén, nesta categoría Ana Fernández rematou no sétimo posto e Laura González novena.
Destacar as actuación de Francisco Rego, décimo posto na categoría absoluta, Ricardo Fernández cuarto e Mauro Sanromán quinto, na categoría sub 16, así como Anxo Platero sétimo na categoría de sub 8.
Por outra banda, este fin semana iniciase a liga 2020 de xadrez, no que o club miñorán, participa con cinco equipos nas distintas categorías.
Os cinco equipos disputarán os encontro no local de Cotros. Na primeira división no seu grupo C, o Laroca A enfrontaranse o equipo do Mos A, na segunda división no grupo E, enfrontaranse os dous representantes na categoría, o Laroca IES Auga Da Laxe contra o Laroca B, e por último, na terceira división no grupo K, enfrontaranse o Laroca D co Laroca C.