XUNTA DE GALICIA

O Instituto de Estudos Miñoráns oponse ao modelo enerxético que sustenta o “Plan sectorial eólico de Galicia” no que priman a especulación económica e o rendemento a curto prazo priorizando claramente o mellor beneficio para as grandes empresas explotadoras ao tempo que despreza os valores patrimoniais (cursos de auga, paisaxe, flora, fauna,…).

Este “Plan sectorial eólico”, á vista da documentación publicada en Ineaga, afecta a toda Galicia e resulta particularmente prexudicial para as serras da Groba e do Galiñeiro.

O IEM aposta por outro modelo enerxético non especulativo, equilibrado, respectuoso co entorno e que, a partir da promoción de fontes de enerxía limpas e sustentables, supoña unha verdadeira alternativa enerxética para a poboación.