O IES A Sangriña da Guarda celebrou esta mañá un acto de homenaxe a Xela Arias. A poeta, que impartiu docencia noso centro escolar, dá nome á nova aula de usos múltiples 1, que en diante pasa a ser Aula Xela Arias.

O acto de inauguración, coordinado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, contou co recitado dalgúns poemas da autora a cargo de varias alumnas de secundaria, acompañadas polo profesor de música, Alfredo Garrido, na guitarra. Posteriormente, descubriuse unha placa cun verso do poemario Dario a Diario, que agora loce na entrada do noso instituto.

Dende o centro agradecen a presenza do alcalde e profesor do centro, Antonio Lomba, e a implicación do alumnado nestes actos de homenaxe á poeta Xela Arias.

Tamén, para conmemorar este Día das Letras Galegas 2021, o alumnado do IES A Sangriña gravou «Descubrindo a Xela», o programa Especial sobre Xela Arias, en RadioTrega, a radio do IES A Sangriña que coordina o profesor de Lingua Galega e Literatura  Kike Estévez.

  1. Descubrindo a Xela» 1ª parte, que dá cabida a recitados do alumnado do nodo centro e á participación de persoas da nosa cultura como Víctor Freixanes, presidente da RAG; Tamara Andrés, nova poeta galega; Hugo Guezeta, integrante do grupo de rap Son Da Rúa; ou Sofía Tarela, integrante das Gharotas da Ribeira María Apagha OLeiteque Ferve. Ademais, tamén conta con entrevistas, pois nesta primeira parte falan con Isabel Rodríguez Pazos, profesora do centro que coñeceu en persoa a Xela no seu paso pola Sangriña.
  1. «Descubrindo a Xela», 2ª parte, na que recuncan os recitados do alumnado do centro e a participación de persoas da nosa cultura como Xurxo Souto, Laura Rabizal, Isabel Risco, Silvia Estévez, Tino Baz, Marta Dacosta Marta ou Anxo Angueira. Ademais nesta segunda parte falan con Pilar Carro, profesora do centro educativo e directora cando Xela impartiu aulas no IES Sangriña, aló polo 2001.