Festa meixón
ALFREDO

O pasado sábado arrancaba en Tui a Festa do Meixón que se prolongará até o 29 de abril coincidindo coas festas de San Telmo.

Tras la presentación realizada o pasado venres en Tui, o sábado o alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto o concelleiro de cultura, Eduardo Freiría, desprazáronse até Ourense para presentar tamén alí este festexo gastronómico xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, co obxectivo de promocionar o evento tamén a nivel galego.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, deu conta dos pormenores dun festexo que potencia un dos produtos gastronómicos da cidade, e que se suma o atractivo turístico de Tui xunto ao seu patrimonio, natureza e cultura. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, convidaba a todos os ourensáns a “desfrutar da riqueza gastronómica de Tui, acompañada dun bo viño como terra de viños que é Galicia”.  

A Festa do Meixón estase a celebrar en seis restaurantes no Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, La de Manu, e o Parador de Turismo San Telmo. Nos mesmos poderase desgustar unha ración de meixón, en cazola conmemorativa,  con pan e  unha copa de viño da adega Vimbio por un prezo 55€.

Festa do Meixón 2019

Datas: do sábado 6 ao luns 29 de abril

Establecementos:

  • Asador Paulo – Estrada Tui-Gondomar – 986 60 42 14
  • Cruceiro do Monte – Cruceiro, Randufe – 986 60 75 75
  • El Molino – Augusto González Besada- 986 60 30 12
  • La de Manu – Paseo da Corredoira – 674 54 94 94
  • O Novo Cabalo Furado – Praza do Concello – 986 60 12 15
  • Parador de Turismo San Telmo –  Avenida de Portugal s/n  986 60 03 00