O departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán informa que a Conselleria de Política Social, convoca o programa “Benestar en Balnearios», no que poderán ser beneficiarios as persoas maiores de 60 anos ou pensionistas con 55 anos cumpridos.
As quendas terán unha duración de 10 días (9 noites) en réxime de pensión completa e desenvolveranse entre os meses de maio e outubro. Os desprazamentos dende o domicilio ata o establecemento termal correrán a cargo dos beneficiarios.
Balnearios seleccionados:
- Acuña.
- Arnoia.
- Augas Santas.
- Baños de Brea.
- Baños de Molgás.
- Caldelas de Tui.
- Carballiño (Gran Balneario).
- Carballo.
- Cuntis.
- Lobios.
- Laias.
- Rio Pambre.
- Termas Romanas.
- Mondariz.
O modelo de solicitude está dispoñible no departamento de SS.SS de Nigrán e o prazo para presentalo finaliza o 30 de abril.