O Concello de Nigrán está sustituíndo as 45 luminarias antigas de vapor de sodio da Alameda e parque da Ramallosa por unhas novas de tecnoloxía LED por importe de 12.000€. Tamén se sustituirán as 15 fernandinas, e completando así a renovación de toda A Ramallosa e do centro da vila ata Nigrán. 

O troco permite reducir a potencia de consumo de 22,36 kWh a 8,6 kWh e multiplicar exponencialmente a súa vida útil, co conseguinte aforro económico.

O obxectivo de todos estes trocos é mellorar a eficiencia enerxética e a calidade ambiental, xa que as luminarias de vapor de sodio ocasionan problemas ao ter sobrepasado o fin da súa vida útil, afectando ao seu rendemento, calidade e consumo e supoñendo isto un aumento das emisións de CO2.