La Plaza de O Seixo y el Concello de Tomiño.
ALFREDO

O PP de Tomiño presentou unha moción no último pleno celebrado o 27 de febreiro, unha moción na que insta ao Goberno Central a devolverlle a Galicia 370 millóns de euros, incluídos os 200 millóns do IVE, “mentres os socialistas galegos e tamén os desta provincia calan cun silencio cómplice”.

«Destes cartos, din os populares, a Tomiño corresponderíanlle máis de 1,8 millóns de euros, cartos que está deixando de recibir para seguir mellorando a sanidade, a educación ou os servizos sociais municipais, e que tanto PSOE como o goberno do BNG renunciaron a esta reclamación».

O texto presentado polos populares é semellante a mocións aprobadas por unanimidade en moitos concellos galegos e da provincia, así como nas Deputacións de A Coruña e Lugo, de modo que o PP agardaba recibir o apoio do resto dos grupos para pedir a devolución destas cantidades. «Un dos acordos que inclúe o texto é apoiar as reivindicacións e as medidas emprendidas pola Xunta, medidas que están tomando tamén comunidades gobernadas polo Partido Socialista e outras formacións. É de recalcar a falta de responsabilidade do BNG cando no Parlamento Galego votou a favor e no Congreso dos Deputados votou en contra para ter que xustificar o apoio a investidura de Sanchez», explican.

O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, ten claro que «cos votos en contra do PSOE e abstención do BNG estes partidos amosan unha vez máis que non se preocupan polos intereses dos veciños de Tomiño, o único que lle interesa ao PSOE e o BNG son as súas siglas e non o seu concello, como demostran renunciando a recadación que nos corresponde a tódolos tomiñeses”.