Paula Bouzós

O pasado luns o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, asinou por decreto o seu soldo de 50.000 euros anuais, ademais de catro dedicacións exclusivas de 32.000 euros para os concelleiros Iria Lamas, Nuria Lameiro, Brais Misa e Rocío Goberna, e unha dedicación parcial de 16.000 euros para José Manuel Chamorro.

«O Partido Popular de Gondomar crítica a actitude ditatorial do alcalde Paco Ferreira en relación aos decretos asinados o día dez de xullo sobre as dedicacións exclusivas, usurpando as competencias do Pleno da Corporación Municipal. Por ese motivo, puxermos o asunto en mans dos servizos xurídicos do partido para valorar as accións que levaremos a cabo proximamente, co fin de evitar que o alcalde siga facendo o que quere, a golpe de decreto e evitando o seu debate e aprobación no pleno», sinala Paula Bouzós.

A voceira popular fixo “unha valoración moi negativa do que nos agarda nesta lexislatura, con un alcalde que pretende gobernar a base de decretos e sen ter en conta o sentir dos veciños que lle retiraron a maioría absoluta nas pasadas eleccións municipais”.

Engade a voceira do Partido Popular que “parece que Paco Ferreira pensa que segue coa maioría absoluta, tratando de desprezar á oposición e sen ningunha intención de chegar a consenso, que tan necesario vai ser nesta lexislatura para botar adiante asuntos importantes para os veciños. Paco Ferreira vai atoparse de fronte con un Partido Popular decidido a defender nos plenos os intereses dos veciños de Gondomar tomando as accións necesarias para que se fagan escoitar as súas demandas».