O Grupo Municipal do PP quere expresar a súa disconformidade «coa decisión do Alcalde de Tui da contratación dun cargo de confianza para a xestión municipal incrementando o gasto que supón para as arcas municipais os soldos para o goberno municipal«.
«Dende o grupo municipal do Partido Popular temos que preguntarnos recollendo o sentir de moitos cidadáns de Tui que»:
- Existindo na actualidade un grupo de goberno integrado por 9 concelleiros con diversas responsabilidades nas áreas de competencia municipal, ¿Existe real necesidade de contar cun cargo de confianza do Alcalde?
- Se o gasto nos órganos de goberno xa alcanza neste mandato Alcalde Enrique Cabaleiro un notable incremento ¿Qué xustificación existe para incrementar en máis de 27.000 de euros os gastos que supoñen os soldos do grupo de goberno?
- Cáles son as competencias que vai desenvolver este cargo de confianza, visto que non pode exercer funcións estrictamente administrativas nin directivas?.
O grupo municipal popular lembra que no anterior período do goberno cuatripartito tudense este mesmo cargo de confianza estivo desenvolvendo funcións que en ningún caso pode realizar o persoal de confianza, «nunha irregularidade coñecida e consentida por aquel goberno municipal. Voltará o goberno municipal socialista a permitir esta situación?.»
«Son moitas as preguntas que a cidadanía tudense se formula e que este grupo municipal do Partido Popular recolle reclamando unha resposta do Alcalde tudense, o mesmo que no ano 2011 manifestaba o seu absoluto rexeitamente ao que o alcalde daquel momento contase cun asesor de confianza (unha praza por certo que nunca foi cuberta e nos seguintes orzamentos foi amortizada)».