A película “O Que Arde”, dirixida por Oliver Laxe e producida por Miraquemira, abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui.

O filme, que acadou esta fin de semana os Goyas de Mellor actriz revelación, para Benedicta Sánchez, e Mellor dirección de fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro, ás 21.30 horas.

A programación cultural a desenvolver até o mes de maio recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira será presentada este venres, 30 de xaneiro, ás 11:00 horas na sala de reunións da casa do concello. O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, serán os encargados de dar a coñecer