Samuel Moreno

No ano 2017 a casualidade fai que se crucen os camiños de Javier e Samuel dúas persoas moi distintas en moitos aspectos, pero cun punto común: a maxia.

Javier Argüelles leva toda unha vida dedicado á organización de eventos e nos últimos anos centrouse no lecer e a animación infantil, utilizando as “artes máxicas” neste campo.
Samuel Moreno é un mozo que compaxina os seus estudos co que realmente é a súa paixón: a maxia. A súa gran afección e dedicación levoulle a participar en Got Talent 2017 onde foi semifinalista e segue compartindo os seus espectáculos en festivais, e múltiples escenarios.

Pois deste encontro fortuíto foron xurdindo distintas colaboracións, cafés, comidas,… que deron pé a unha idea que aos dous roldábanos pola cabeza: organizar un Festival de Maxia na nosa zona do Baixo Miño, (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia).

Elaboramos unha proposta que presentamos a distintos concellos e finalmente foi o departamento de Cultura do Rosal quen nos ofrece un espazo adecuado unha fin de semana para organizalo“, afirma Javier Argüelles.

Trátase dun Festival con clara intención de continuidade, gustaríanos que se converta nun referente no mundo da maxia no sur de Galicia – Norte de Portugal pola repercusión tanto a nivel local do Concello como nos seus arredores”, expón o organizador.

Unha iniciativa ambiciosa que nace tamén con intención de “ internacionalidad” dada a situación fronteiriza con Portugal, pero tamén cos pés no chan sabendo que o mellor é ir aos poucos, crecendo ano a ano.

Esta primeira edición será o día 1 de decembro aínda que nos días previos, organizaranse  actuacións promocionais en centros escolares, asociacións, bares,…

Programa:

  • Ás 10:30 horas, inauguración da Exposición (Auditorio Municipal)
    “Sonrisas por Tiritas, la magia dela Solidaridad en el H. Álvaro Cunqueiro”
  • Ás 11:30 horas, gala familiar “Sonrisas por Tiritas” (Auditorio Municipal)
  • Ás 13:00 horas, vermú máxico no Restaurante Juan
  • Ás17:00 horas, hora máxica no Bar La Liga
  • Ás 19:00 horas, hora máxica no Restaurante Juan
  • Ás 21:00 horas, gran gala final con Nuel Galán e amigos (Auditorio Municipal)

Entrada galas no Auditorio Municipal de O Rosal:

  • Adultos: 5 € / Infantil: 3 €
  • Abono adulto 2 galas: 9 € / Abono infantil 2 galas: 5 €