O Concello do Rosal porá en marcha este mes o ciclo de charlas ‘Li-xo, que non che soe a chino’, unha serie de encontros por diferentes barrios do municipio para explicar á veciñanza como funciona a xestión do lixo que se produce nas casas e resolver calquera tipo de dúbida sobre a reciclaxe. 

“Queremos compartir coa veciñanza o noso interese e compromiso na xestión sustentable do lixo no Concello, unha cuestión moi importante dado que a xestión do lixo supón o 10% do gasto municipal”, aseguran dende o departamento de Medio Ambiente.

Serán en total once charlas abertas a todos os públicos que comezarán o vindeiro martes 3 de marzo e rematarán o 2 de abril. O calendario será o seguinte:

Estes horarios poden estar suxeitos a modificacións. No caso de que algún deles cambie, o novo horario comunicarase á veciñanza coa suficiente antelación.