Co gallo de fomentar a transmisión artística e de tradicións, o uso normalizado do galego, e en definitiva, promover a cultura da terra, o Concello de Tomiño, celebrará o Día das Letras Galegas, mañá martes 17 de maio, cunha serie de actos, que comezarán ás 10:30 horas, na Praza do Seixo.
As persoas asistentes poderán mercar libros en galego cun 40% de desconto, grazas á unha subvención municipal que ten coma finalidade incentivar e promover a lectura en galego. Esta actividade realizarase en colaboración coa única libraría de Tomiño.
Ás 12:30 horas a Agrupación Musical de Goián, ofrecerá un concerto conmemorativo. Paralelamente, se impartirán diferentes obradoiros organizados polo grupo de voluntariado local.
Obradoiro Interxeracional:
Participación do grupo de maiores do Centro de Día; contarán contos en galego, ensinarán a lanzar buxainas (peóns), e interpretarán cancións en galego para a infancia e persoas adultas interesadas.
Obradoiro musical:
Os voluntarios prepararán, utilizando diversos instrumentos, varias cancións para ser cantadas polas persoas participantes.
Obradoiro búsqueda de tesouro:
Os grupos participantes terán que atopar e resolver pistas que estarán relacionadas coa lingua, tradicións, cultura galega e con Manuel María.
Obradoiro trivial camiño de Santiago-Cultural Galega:
Con preguntas relacionadas coa cultura e lingua galegas, nosa xeografía e Manuel María en particular.
Obradoiro marcapáxinas:
En horario de tarde, a partir das 17:00 horas.
Todas as persoas que participen nos obradoiros serán agasalladas cunha camiseta deseñada de xeito altruísta por unha usuaria do servizo: a tudense María Sánchez Diz, que realizou dúas propostas moi orixinais: unha para muller e outra para home.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, salienta o papel clave das institucións na transmisión das tradicións e valores. “Se non queremos que caian no esquecemento, debemos promover actividades relacionadas coa nosa lingua e cultura, para acadar a súa posta en valor”, sinalou.