BANDALLO // Plaza de O Calvario en O Rosal

Mañá martes 17 de maio, Día das Letras Galegas é un día especial para todos os galegos, onde destacamos a importancia da literatura no noso idioma, o galego. Cada ano dedícase este día a un autor que destacase polas súas obras no noso idioma, sendo este ano o homenaxeado Manuel María. Neste acto ademais de enxalzar á figura do escritor, a Agrupación amosará a súa arte a través da música.

Durante todo o día habrá diversas actuacións e actividades para tódolos gustos e tódalas idades, para goce dos visitantes. Terán protagonismo os rapaces e alumnado da escola de música, mediante actuacións conxuntas da “Minibanda”, Banda Infantil, Coro Infantil, Grupos de Música Tradicional, etc. Destacar este ano o concerto que ofrecerá a banda da Agrupación Musical do Rosal, interpretando o repertorio en galego. O lugar dos actos será na Praza do Calvario do Rosal.

Música, contacontos, obradoiros, e postos de comida caseira a prezos populares, co fin de recadar fondos para a asociación, fan que se reúnan na Praza do Calvario un importante número de persoas.

Ademais nesta edición habrá un Mercadillo Solidario grazas a colaboración da asociación Conrazones. A Agrupación Musical do Rosal organiza esta actividade, en colaboración co Concello do Rosal, dende o ano 2006.