Santa María de Oia
ALFREDO // Vista de Santa María de Oia

O Concello de Oia e a Área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra está a realizar a recollida de datos para a confección dun Plan de Mobilidade Sustentable no concello, incorporando os distintos puntos de vista e sensibilidades presentes na veciñanza.

O obxectivo de este plan é atopar, entre todos e todas, xeitos de mellorar a mobilidade no Concello: facela máis sustentable (tanto ambiental como economicamente), adaptala ás necesidades da veciñanza para aproveitar mellor os recursos, facilitar hábitos máis respectuosos co medio ambiente; e tamén facela accesible a todos de xeito seguro, reducindo as barreiras arquitectónicas e mellorando a relación entre o peón e o coche, así como o acceso aos transportes públicos.

Para conseguir isto, o Concello estudará durante os próximos meses os desprazamentos a pé, en bicicleta, en vehículo privado e en transporte público.

Para que poidas opinar, hai colgada unha enquisa que podes cubrir online, dende o seguinte enlace: Enquisa Plan Movilidade.