O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza este fin de semana no complexo deportivo de Gaifar (Panxón) a terceira edición do campionato de scooter ‘Porto Scoot’, uns dos poucos eventos de patinete freestyle en Galicia e que reunirá aos mellores rides a nivel nacional.

Así, entre os 50 deportistas inscritos de diferentes comunidades e con idades dos 6 aos 30 anos destacan os dous mellores de España, os mallorquíns Lautaro e Borja Mauricio; ou o cuarto mellor junior do mundo, Alex González, do País Vasco; mencial especión merece Iago Senra, nigranés promotor do evento que é actualmente séptimo de España e número 1 en Galicia.

«Son un auténtico espectáculo, moitos deles son nenos que non superan os 10 anos e resulta impresionante o que acadan», sinalan dende a organización animando á veciñanza a asistir a este evento que naceu en Porto do Molle, onde precisamente o Concello está a rematar nas marxes do río Muíños un espazo deportivo permanente de skate e scooter. «Hai unha gran afección entre os rapaces de Nigrán a este deporte urbano, por iso dende o Concello apostamos forte por Porto Scoot e estamos a rematar estas pistas», sinala o alcalde, Juan González, quen agarda que a competición «se consolide chegando a ser unha referencia en Galicia e a nivel nacional».

O campiontato arrancará o sábado cos adestramentos dende ás 16:00 ás 21:00 horas para reanudarse o domingo coa propia competición de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Ata o propio domingo a primeira hora os riders poden inscribirse nas instalacións deportivas de Gaifar. O park instalado garante o máximo espectáculo. Agárdase que a entrega de trofeos para os tres primeiros de cada categoría se realice ás 21:00 horas do domingo.