Os socialistas de Baiona queren agradecer “o apoio da xente que nos votou nas eleccións de onte” e transmitir os parabéns ao PP e a Jesús Vázquez Almuíña.

Carlos Gómez Prado sostén que “non foi o resultado que agardábamos despois duns anos de moito traballo pola nosa vila, pero temos que aceptalo e respectar a vontade da veciñanza”.

Como dixen en varias ocasións durante a campaña, traballarei por Baiona os próximos catro anos desde o lugar que decidiron os meus veciños, o mesmo que o resto dos socialistas da nosa vila”, engade Gómez Prado.