Os socialistas da Guarda queren agradecer “o apoio da xente que valorou o noso traballo nestes anos e as propostas do noso programa electoral”.

Antonio Lomba sostén que “o resultado non foi o que nós esparabamos despois duns anos intensos e de moito traballo, pero temos que aceptalo e respectar a vontade da veciñanza”.

Os socialistas abren agora unha nova etapa “na que seguiremos traballando a diario pola nosa vila”.